viernes, 11 de mayo de 2018

Bodegas Martín Códax celebra o Día das Letras Galegas co lanzamento dunha edición especial




A súa etiqueta habitual é xa unha homenaxe á lingua e á música galegas, pois o noso trobador contribuiu á consolidación do noso idioma. Agora, por tempo limitado, renderá tributo ao conxunto de escritores que xeron do galego o seu estandarte representando a algúns dos máximos creadores literarios na nosa lingua.

O albariño Martín Códax fai unha paradiña e deixa a súa imaxe habitual durante unhas semanas, invitando a Rosalía, Castelao, Cunqueiro ou Lois Pereiro, entre outros, a ser os protagonistas da súa etiqueta.

Esta edición especial, que se lanza ao mercado a vindeira semana co gallo do Día das Letras Galegas, é un deseño da ilustradora Alba Casanova, e poderá adquirirse tamén na tenda online de Bodegas Martín Códax, na súa páxina web www.martincodax.com.


Agora é o momento de que os amantes do viño, imitando aos personaxes da etiqueta, fagan unha paradiña e gocen desta edición especial do albariño Martín Códax. Saúde!


Sobre Martín Códax Edición Especial Letras Galegas


Unha paradiña

A narrativa peregrina e actual de María Victoria Moreno, os poemas espléndidos e provocadores de Lois Pereiro, a lingua feminista de Rosalía, o rexistro combativo e humorístico de Castelao e o realismo máxico de Cunqueiro, fan unha paradiña.

Unha paradiña quizais para reencontrarse, coñecerse ou, simplemente, para tomar folgos. Un repouso para pensar amodo ou para pensar bonito; para falar de amor, dos veciños, dun verso, de como lle vai a vida á nosa lingua ou das mil primaveras máis. Unha paradiña para tomar impulso.

O deseño da etiqueta, feito pola ilustradora galega Alba Casanova, é unha homenaxe aos grandes escritores galegos
 

Sobre Alba Casanova

Nacida en Vigo en 1981, a obra desta artista abarca diferentes disciplinas, aínda que se desenvolve principalmente arredor do collage e da ilustración. Parte destes elementos obtenos traballando no resultado mediante procesos dixitais, aplicando diversas técnicas en función das necesidades de cada proxecto.

A poética do cotiá, as problemáticas de xénero ou as referencias ao seu lugar de orixe son constantes no seu traballo, enfocado nos últimos anos cara á animación, o mundo audiovisual e o editorial.

Diccionario de los términos de la cata