viernes, 27 de abril de 2018

O CLUSTER ALIMENTARIO DE GALICIA ORGANIZA UNHA XORNADA DE TRABALLO INTERNACIONAL SOBRE A INNOVACIÓN NA NUTRICIÓN DA POBOACIÓN SENIOR NO MARCO DO PROXECTO EUROPEO INCLUSILVER


O Clúster Alimentario de Galicia  levará a cabo este venres 27 de Abril no Auditorio do Edificio Feuga, Campus Vida, en Santiago de Compostela unha xornada europea sobre Innovación na nutrición personalizada para a poboación senior que se enmarca dentro do seu proxecto INCluSilver, que contará con mas de 70 asistentes  procedentes de nove paises europeos.

A poboación senior e o novo desafío demográfico 
A baixa natalidade e o incremento na esperanza de vida consecuencia da mellora das condicións de vida e os importantes avances en medicina supoñen que tanto o número absoluto como o peso na poboación total dos adultos maiores non deixe de aumentar nos próximos anos, feito especialmente acentuado en rexións coma Galicia. 
A economía sénior refírese á actividade económica e consumo relacionado co segmento poboacional de máis de 50 anos. Deriva da emerxencia de novos mercados de consumo e da necesidade de mellorar a sustentabilidade do gasto público relacionado co envellecemento da poboación. O estímulo do mercado de produtos e servizos que respondan as necesidades deste segmento da sociedade xerará novas oportunidades sobre os mercados existentes e emerxentes, así como un gran impacto nos sistemas de saúde. 
No envellecemento saudable a alimentación e en particular, a nutrición personalizada, teñen un papel clave. A nutrición personalizada ofrece unha nova aproximación que permite aos cidadáns axustar o seu comportamento dietético a través de suxestións sobre elección de produtos alimentarios e patróns de alimentación adaptados ás necesidades e características individuais. 
As características demográficas de Galicia fan desta rexión un laboratorio vivo de excepción para desenvolver e aplicar tecnoloxías sobre a calidade de vida. Neste ámbito, a diversificación do sector alimentario pode permitir a Galicia posicionarse coma un referente internacional da innovación en nutrición coma chave dun envellecemento saudable. Nesta liña Clusaga ven desenvolvendo varios proxectos destinados á innovación na alimentación deste segmento poboacional coma o Inclusilver ou o Nutriage. 

A xornada e os relatores 
O obxectivo é discutir e intercambiar ideas no eido da nutrición personalizada para a poboación senior. O taller tamén ofrece a oportunidade de establecer contactos en diversos ámbitos e sectores, o que é a oportunidade perfecta para crear novos socios a nivel europeo. Asemade ao longo da mañá poderase atender a interesantes poñentes e a unha mesa redonda sobre proxectos de nutrición personalizados. 
En primeiro lugar Virginie Perron, da Comision Europea, e Begoña Pérez Villareal, Directora Xeral do EIT Food presentaran programas e iniciativas europeas que pretende potenciar emprendemento e aumentar o potencial das pequenas e medianas empresas acelerando a innovación e aumentando a competitividade do sector alimentario. 
Laura Celemín, Directora Xeral do EUFIC O Consello Europeo de Información Alimentaria o papel da investigación científica sobre alimentación e saúde. 
Asemade xornada contará coa presentación dos cinco mellores proxectos de PEMEs financiadas no marco do proxecto inclusilver que buscan solucións innovadoras no eido da nutrición personalizada: Proxecto ActifoHealth, Kasper Lykkegaard, SENS Innovation; Proxecto Gen Pers Nurition, Adriana Moleres, NUTRICIÓN 3G; Proxecto E2G. Roberto Giménez, EUROB Creative; Proxecto WellB+, Elías Daura, BIOMEB; Proxecto Visual Appetizer, Lill Spenninge, Wopii Development. 

O proxecto INCluSilver 
Este evento enmárcase dentro do proxecto europeo INCluSilver, Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy. INCluSilver busca aproveitar as oportunidades relacionadas coa nutrición personalizada e a economía senior, a través do reforzo da innovación en produtos e servizos de distintos sectores, orientada ao segmento poboacional de máis de 50 anos. 
O obxectivo xeral do Proxecto INCluSilver é apoiar a colaboración entre grupos de interese clave, en particular empresas, en distintos sectores de facilite o desenvolvemento de ideas innovadoras no ámbito da nutrición personalizada para a poboación senior. 
Os desafíos que se abordarán no proxecto abranguen dende a alimentación funcional e nutrixenómica, a e-Saúde, determinantes de dieta e actividade física, a dieta e produción alimentaria ata as solucións de deseño e envasado. 
INCluSilver, está sendo desenvolvido por un consorcio de nove clusters e universidades, liderados por Skane Food Innovation Network, Suecia e o Clúster Alimentario de Galicia, desde o ano 2017 e ata o ano 2020. Está financiado en 4.115.121 €, no Programa Europeo de desenvolvemento e innovación Horizonte 2020. 

Diccionario de los términos de la cata