viernes, 1 de julio de 2016

Gastronomía e Cultura Mariñeira en Portosín

Cartel anunciador del Evento
Durante os días 2 e 3 de xullo, Portosín será o epicentro da cultura mariñeira mediante a realización do evento VIVE AZUL DE PORTOSÍN. Preténdese poñer en valor os produtos estrela de portosín (xarda, xurelo e sardiña), a labor dos profesionais do sector pesca-mar e amosar o potencial que ten a cultural mariñeira nunha localidade tan vinculada ao mar. 

Todos os asistentes podererán gozar de diferentes actividades ao longo de toda a fin de semana, entre as que destacan os showcookings, mostra de Artesanía de Galicia, visita a un barco de cerco, travesías no velero Joaquín Vieta, actividades para o público infantil, concertos e moito máis. 

Programa oficial de las Jornadas
Ademáis os locais de hostelería ofertarán o menú especial AZUL DE PORTOSÍN, onde a sardiña, a xarda e o xurelo serán os protagonitas dos diferentes pratos. 

A inauguración do evento será o sábado 2 de xullo ás 12:00 h. na Casa do Pescador de Portosín, á cal está previsto que asista a Conselleira do Mar, Dona Rosa Quintana, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Dona Susana Rodríguez e as autoridades locais. 


Todos os interesados/as poderán obter máis información na Casa do Pescador de Portosín, onde se o desexan poderán anotarse as actividades que precisan de inscrición previa debido ao aforo limitado: showcookings, pezquechef, visitas ao barco de cerco e travesías no Joaquín Vieta.

Diccionario de los términos de la cata