viernes, 12 de septiembre de 2014

I Obradoiro de Pan con Guillermo Moscoso: Panadeiro por un día...


O día Sábado 4 de Outubro deste 2014 levarase a cabo un obradoiro de pan no Obradoiro Moscoso Moure, de Pan da Moa. Nel, durante unhas 4 horas de duración, e tras unha breve explicación sobre as nocións básicas da elaboración dun pan artesán nunha panadería tradicional, pasaremos polas diferentes fases do proceso de elaboración do produto: as fariñas, as masas nai, o amasado, a fermentación, o fornado e a cocción.

Suporá, tras unha breve explicación introductoria, unha vivencia e inmersión no mundo vivido día a día nunha panadería, a escala. Vai dirixido ao público amateur, aos amantes do pan que teñan ganas por coñecer e adentrarse no mundillo das masas e da fariña. Será como sentirse panadeiro por un día!

I OBRADOIRO DE PAN: PANADEIRO POR UN DÍA
PAN DA MOA
GUILLERMO MOSCOSO MOURE
SÁBADO 4 DE OUTUBRO, 17:00
Obradoiro Moscoso Moure, de Pan da Moa
Rúa do Cubelo 27, Amio (Santiago de Compostela)

Inscrición: obradoiropandamoa@gmail.com
- 12 prazas
- 50€/persoa
- Nº conta: ES44 0238 8195 6806 0010 8382 (Banco Pastor)
- Concepto: "Obradoiro Pan da Moa"
- Nome, apelidos e tlf. contacto
- enviando escaneado ou en fotografía o comprobante do ingreso bancario


Diccionario de los términos de la cata